25 de out. de 2021

Torneo clasificatorio Zona 1 Santander 2021

A fin de semana do  30 de outubro ao 1 de novembro, vaise celebrar o torneo clasificatorio para o Torneo Estatal 2021, en Santander . O Estatal é un Torneo que disputan os mellores xogadores de cada categoría ven por Ranking nacional ou por dereito clasificatorio adquirido.

Zona 1: Principado de Asturias, Cantabria, Castela-León, Galicia, País Vasco e A Rioxa. 

24 de out. de 2021

Encontro Amigable CTM Mos feminino vs Alvito de Braga feminino

Este domingo pola mañá, disputouse una amigable do Equipo feminino contra o Alvito de Braga. 
Encontro que se sirve de preparación para a Seción feminina que inicará a competición o vindeiro 13 de novembro na sede de Cinania TM, contra o Cinania TM e Monteporreiro Confitería Capri, na primeira concentración das seis que se van a celebrar na Primeria División Feminina G1.

23 de out. de 2021

Presentación CTM Mos Tempada 2021-2022

Este sábado nas Instalacións do TM Always en Mos, o CTM Mos fixo a presentación para a tempada 2021-2022. Unha sesión de fotos onde se xuntaron os compoñentes  do Club.




Aínda que cunha curta historia, xa neste incio de tempada está preto de alcanzar a cifra de corenta xogadores federados.

Sección feminina CTM Mos

O CTM Mos conta cunha representación feminina de catorce xogadoras. Un das máis grandes de Galicia. O Equipo Senior competirá en 1ª Femenina G1.


Sección masculina CTM Mos

Sección masculina CTM Mos máis de 16 compoñentes. Contamos cun equipo senior na Categoría segunda galega 

 

17 de out. de 2021

Competición Senior Masculina 1ª Galega Sur

O Equipo senior masculino competirá este ano na Categoría Primeira Sur. Os obxectivos iniciais serán manter a categoría, e conformar un proxecto sólido e constante que se vaia consolidando nos vindeiros anos.



Ao longo da tempada iremos informando dos horarios de cada xornada e dos resultados da mesma, relatando un histórico do desenvolvemento da mesma.