13 de nov. de 2021

Resultados XXII Torneo Aberto da Ala de Nun’ Álvares de Gondomar (Portugal).

O equipo do CTM Mos acada unha gran pesencia e imaxe internacional no XXII Torneo Aberto de Tenis de Mesa, organizado polo Club  Ala de Nun’ Álvares de Gondomar e a Federação Portuguesa. 


Na xornada do sábado 13 de novembro, a expedición conformada por 13 xogador@s na categoría sub12 dunha participación total no torneo de case un centenar nas categorías feminina e masculina, supuxo que o CTM foi moi de longo o Club con maior número de competidores. Situación que non pasou desaparcibida por outros clubs, que incluso felicitaron á expedición polo seu espíritu competitivo e comportamento ao longo da competición.

6 de nov. de 2021

XXII Torneo Aberto da Ala de Nun’ Álvares de Gondomar (Portugal)

Na fin de semana do 13 e 14 de novembro, vai disputarse na localidade portuguesa de Gondomar o XXII Torneo Aberto de Tenis de Mesa, organizado polo Club  Ala de Nun’ Álvares de Gondomar e a Federação Portuguesa. 



O Club de Tenis de Mesa de Mos, vai participar cunha expedición conformada por 15 xogadores. Dentro da súa dinámica de formación, aprendizaxe e adaptación a competición, a participación neste tipo de eventos internacionais supoñen unha gran oportunidade para os nosos deportistas.

2 de nov. de 2021

Resultados Torneo clasificatorio Zona 1 Santander 2021

Ao longo da fin de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro, disputouse o torneo clasificatorio para o Torneo Estatal 2021 nas Instalacións do Pavillón deportivo da Universidade de Cantabria, en Santander . 

O Club de Tenis de Mesa de Mos presentou unha expedición de 8 participantes, que se desplazaron a Santander de maneira coordinada compartindo tres días de competición e convivencia.