23 de out. de 2021

Presentación CTM Mos Tempada 2021-2022

Este sábado nas Instalacións do TM Always en Mos, o CTM Mos fixo a presentación para a tempada 2021-2022. Unha sesión de fotos onde se xuntaron os compoñentes  do Club.




Aínda que cunha curta historia, xa neste incio de tempada está preto de alcanzar a cifra de corenta xogadores federados. O Club conta cunha base de xogadores veteranos representados polo equipo senior masculino, todos eles cunha importante bagaxe na práctica e na competición do Tenis de mesa, que este ano participará na Categoría 1ªGalega Sur. Outra das patas importantes que conforman o proxecto é a Categoría feminina, coa súa representación na 2ª Nacional. E finalmente o pilar do CTM Mos o conforma a súa ampla canteira da Categoría de Formación, e tamén os compoñentes con discapacidade, ambos son a máxima expresión do espíritu e dinámica de funcionamento do Club, unha entidade que ten coma prioridade a formación dos xogadores en valores, de esforzo, compañerismo e coidado da persoa, xuntos e colaborando somos máis e mellores. A parcela deportiva Samuel, adestrador Titulado Nacional, dirixe e desenvolve os adestramentos dos xogadores.