2 de nov. de 2021

Resultados Torneo clasificatorio Zona 1 Santander 2021

Ao longo da fin de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro, disputouse o torneo clasificatorio para o Torneo Estatal 2021 nas Instalacións do Pavillón deportivo da Universidade de Cantabria, en Santander . 

O Club de Tenis de Mesa de Mos presentou unha expedición de 8 participantes, que se desplazaron a Santander de maneira coordinada compartindo tres días de competición e convivencia.

A competición comezou coa participación na Categoría Benxamín o sábado 30, con Maia, Gabriela, Noa, Alejandra e Hugo, para as catro xogadoras supoñía o extreno nun torneo deste nivel. Unha oportunidade de gañar experiencia,  de aprendizaxe e adquisición de coñecementos da competición diferentes as habituais do seu entorno. Aínda que o resultado non é un obxectivo en si mesmo, éste xa vai amosando o progreso no traballo dos adestramento e na calidade competitiva que van adquirindo ás xogadoras e xogadores do Club, e tres deles conseguiron a clasificación por postos: Gabriela (7ª), Maia (8ª) e Hugo (6º). Pola súa banda Alejandra (11º) e Noa (12º), están nas praza de reserva que se poidan cubrir, e con moita probabilidade poidan participar finalmente no Torneo estatal. 

Ao día seguinte, o sábado 31, disputaron a competición na Categoría Infantil, Laura e Carmela, neste caso non tiveron opción a clasificarse, sen embargo ha ique destacar moito o seu esforzo, gañando cada día máis experiencia e consistencia no xogo. Finalmente, o luns disputou María a competición Sernior feminina xa coa clasificación asegurada.

En definitiva, catros dos oito compoñentes da expedición alcanzaron os obxectivos da clasificación, mentres que os outros teñen opcións a través doutras vías, polo que non se descarta unha nova participación numerosa do CTM Mos no Torneo estatal.

Resultados_Zonal_1_2122_Grupos

Resultados_Zonal_1_2122_Cuadros

Ranking Xogadores novos RFETM