6 de nov. de 2021

XXII Torneo Aberto da Ala de Nun’ Álvares de Gondomar (Portugal)

Na fin de semana do 13 e 14 de novembro, vai disputarse na localidade portuguesa de Gondomar o XXII Torneo Aberto de Tenis de Mesa, organizado polo Club  Ala de Nun’ Álvares de Gondomar e a Federação Portuguesa. 



O Club de Tenis de Mesa de Mos, vai participar cunha expedición conformada por 15 xogadores. Dentro da súa dinámica de formación, aprendizaxe e adaptación a competición, a participación neste tipo de eventos internacionais supoñen unha gran oportunidade para os nosos deportistas. Tanto no proceso de tecnificación, competitivo e de convivencia, o Equipo técnico deportivo do CTM Mos, ao longo da tempada vai seleccionando aqueles Torneos e Competicións que poidan mellorar a experiencia no deporte e de crecemento persoal para todos os nosos xogadores, sobre todo nas categorías de formación. Se teñen tamén moi en conta os aspectos de convivencia, motivación e pertenencia a un grupo que creza dende a parte sana e constructiva do deporte.

As categorías de participación serán sub12, sub15, sub19 e seniors masculinas e femininas. Teremos representación en todas elas menos na sub15.

Na categoría sub12 feminina van competir polo CTM Mos 7 xogadoras: Alba Casilla, Noa Lomba, Maia Lomba,  Sara Lorenzo, Carla Blanco, Gabriela Campo e Alejandra Campo. Cunha participación de 46 xogadoras en total de todo o Torneo. A competición vaise celebrar ao longo do sábado día 13, cunha fase previa de grupos pola mañá, e a disputa das eliminatorias pola tarde.  As dúas primeiras clasificadas de cada grupo, pasan a fase da tarde xunto coas 4 cabezas de serie, conformando o cadro final eliminatorio. 

O cadros competitivos da fase de grupos das nosas xogadores son os que siguen:

A categoría sub12 masculina parten un cadro de 54 xogadores, igual que na feminina os catro cabezas de serie pasan directamente ao cadro final. Por parte do CTM Mos participarán 6 xogadores: Hugo Sobrino, Aaron Rodríguez, Hernán Martínez, Iván Oybin, Sergio Martínez e Xoel Mora.

O cadros competitivos da fase de grupos dos nosos xogadores son os que siguen:

Na segunda xornada, o domingo 14, diputarán as outras dúas categorías onde o CTM Mos ten representación. Na categoría sub 15 feminina, iniciando a súa participación directamente nun cadro eliminatorio, Carmela Sanmartín, enfrontarase a Beatriz Freitas do Club Ponta do Sol, en na categoría senior feminina, María López o fará fronte Carina Raposo do Club Top Spin.