O pasado sábado día 11 de decembro disputouse a segunda concentración correspondete a 1ª División Feminina, grupo 1. Nesta ocasión disputáronse as partidas no Pavillón Municipal Romarigo en Cangas do Morrazo, sendo o Club anfitrión o Cinania TM.
Por parte do CTM Mos conformaron o Equipo Senior María López, Carmela Sanmartín e Laura Amoedo. Nesta segunda concentración o equipo de senior da sección feminina conseguiu as súas dúas primeiras victorias que a sitúan na sexta posición do Grupo primeiro.A competición, segunda concentración das seis programadas, supuxo a consolidación do equipo en relación aos resultados. Xa dende a primeria xornada constatouse o pontencial do equipo e a marxe de mellora, e nesta ocasión, unha vez disputada a primeria xornada matinal onde xa se estivo a punto de alcanzar a victoria fronte o CTM Finisterre Restaurante A Moa. Na xornada da tarde, finalmente alcanzouse a primeira victoria do equipo fronte ao CTM GAM Feminino por 4-2, e a segunda fronte o Oroso Kuokka TM por 4-3.
Con estas dúas victorias, súmanse catro puntos na clasificación situándonos na sexta posición da mesma, aínda que non se superou o ecuador da competición atopámonos cun equipo moi competitivo disposto a dar máis de sí no que queda de Liga.
E importante destacar a referencia que supoñen as compoñentes do equipo senior para a numerosa canteira feminina do CTM Mos, polo que non só os resultados, se non o estilo competitivo e de convivencia convértense nun modelo a seguir por parte das catergorías de formación, e neste caso, temos o orgullo de ter una referencia inmellorable en María, Carmela e Laura.
Resultados: PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA GRUPO 1 Resultados e Clasificación
CTM Mos vs CTM Finisterre Restaurante A Moa CTM Mos vs CTM GAM Feminino CTM Mos vs Oroso Kuokka TM