13 de nov. de 2021

Resultados XXII Torneo Aberto da Ala de Nun’ Álvares de Gondomar (Portugal).

O equipo do CTM Mos acada unha gran pesencia e imaxe internacional no XXII Torneo Aberto de Tenis de Mesa, organizado polo Club  Ala de Nun’ Álvares de Gondomar e a Federação Portuguesa. 


Na xornada do sábado 13 de novembro, a expedición conformada por 13 xogador@s na categoría sub12 dunha participación total no torneo de case un centenar nas categorías feminina e masculina, supuxo que o CTM foi moi de longo o Club con maior número de competidores. Situación que non pasou desaparcibida por outros clubs, que incluso felicitaron á expedición polo seu espíritu competitivo e comportamento ao longo da competición.
Tendo en conta o enorme esforzo que están facendo as familias e o Club para poder participar neste tipo de competicións, sumando que hai uns días se fixera outro desprazamento masivo a Santander para a disputa do Torneo Zonal do Nacional, sentimos unha gran satisfacción pola presenza de tantos xogadores, e do espíritu competitivo e de convivencia que amosaron en todo momento.

Nesta xornada de sábado tivemos resultados dispares, aínque que na valoración global observouse unha enorme mellora competitiva no grupo. Catro deles: Sara Lorenzo (32ª), Maia Lomba (21ª), Aaron Rodríguez (13º) e Iván Oybin (20º) clasificaron para a ronda eliminatoira da tarde, da que só Aaron Rodríquez avanzou a oitavos de final, onde definitivamente foi derrotado despois dunha gran competición. Do mesmo xeito, aínda que non se veu reflexado no resultado Hugo Sobrino,  Hernán Martínez, Sergio Martínez e Alba Casilla, estiveron moi preto da clasificación, sen embargo, ás veces, pequenos detalles determinan os resultados clasificatorios. Gabriela Campo e Xoel Mora, fixeron unhas partida finais que ben mereceron a victoria. E finalmente as máis cativas do grupo Alejandra Campo, Carla Blanco e Noa Lomba, aportaron todo o entusiasmo que os seus nervios lles permitiron desenvolver nunha actuación competitiva, no momento de formación no que están.
Na xornada do domingo 14, Carmela Sanmartin participaba na categoría sub-15, caiu derrotada nos oitavos de final pola xogadora Leonor Gomes do Juncal, mentres que a representante en Senior feminino María López, caía en primeira ronda fronte a Carina Raposo do Top Spin.
Dende o CTM Mos tamén nos gustaría agradecer e felicitar a moi boa organización por parte do Ala de Nun’ Álvares de Gondomar. A disposición de salas de competición e quencemento, seguimento dos xogadores, atención en todo momento por parte do persoal e do equipo arbitral, etc. Un exemplo de competencia organizativa dun Torneo que reuníu nesta xornada a máis de douscentos xogadores. 

Cadro final Sub-12 feminino                 Cadro final Sub-12 masculino          

Cadro Sub-15 feminino                        Cadro Senior feminino
  
                                (Clicar nas fotos para velas máis grandes)